A pombiña branca
quería ir á escola.
Mercou catro libros
un lapis e goma.
Gloria Sánchez
Poemas para peques
21.10.11
19.3.11
A cidade onde vivo
Un home de Lugo criaba perdices

Un home de Lugo criaba perdices
pra que os namorados se amasen felices.
Criaba perdices con trigo e arroz
pra que os namorados se enchesen de amor.
Con trigo e arroz e verzas ben grandes
pra que os namorados de amor se fartasen.
Con verzas ben grandes e pedras de azucre
pra que os namorados se amasen nas nubes.
Con pedras de azucre e gromos de lirios
pra que os namorados sentisen delirios.
Con gromos de lirios criaba perdices
pra que os namorados de amor se fundisen.
E tantas perdices criou o bon home
que para si mesmo non buscou amores,
e cría que cría, perdendo a memoria
nun pau dun poleiro quedouse sen noiva.
Antón Cortizas."Era unha vez na quimbamba". Tambre
24.2.11
Carnaval

Carnaval na praza:
danzas,
carracas
....
(Carla a vaca,
Sandra a marrá) ...
Carnaval na praza:
capas,
máscaras .
.....
(Alba a dama,
Lara a rá)
...
Carnaval na praza:
samba,
palmas
...
(Sara a gata,
Marta, paspallás)
...
Carnaval na praza:
a mala cara
gardada na casa. Elvira Rivero Tobío. "Palabras brancas". Ed. Xerais 2008
Imaxe: Fino Lorenzo. "Palabras Brancas". Ed. Xerais 2008
23.2.11
Bagdag

A paz abafa calada
nas casas
da gran Bagdag.
Bagdag agarda
mañás calmas
bañadas en paz.
A paz calza alpargatas,
balas calza
a arma fatal.
Bagdag arrastra
palabras mancadas
tras as armas vas.
A paz,
palabra tan cara,
a paz, palabra cabal.
Bagdag agarda
a paz da nácara,
prata, ámbar, ananás
..
A PAZ
Elvira Rivero Tobío."Palabras Brancas". Ed. Xerais 2008.
Ilustración Fino Lorenzo
Basta

Basta á paz maltratada,
ás trampas canallas,
ás malvadas lacras: basta!
Basta á fatal labazada,
ás casas arrasadas,
ás falsas fazañas:
basta!
Basta ás mans asañadas,
ás fadas malfadadas,
as malas malandanzas:
basta!
Basta ás amargas palabras .
Grazas ás palabras plantadas
nas landas da paz.
Elvira Riveiro Tobío. "Palabras Brancas". Ed. Xerais 2008
Imaxe: Fino Lorenzo
Basta
23.1.11
Un soldado detrás dun fusil
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
