Era unha vez unha pantasma
pequena, mirrada e feúcha
que por riba tiña asma.
Asustar
nenos quería
para gañar confianza,
fose noite ou fose día.
Esperaba o momento xusto
agochándose no armario
e …zas!, así daba o susto.
Pero non había xeito.
Por unha cousa ou por outra
fracasaba no seu intento.
Ai, pantasma, pantasmuna!
Todo o mundo se ría
da súa escasa fortuna.
Non era que non o intentaba
_ que ela o facía a conciencia_,
só que nunca o lograba.
Rafa Villar: Acuarelas, Ed. Galaxia
Ningún comentario:
Publicar un comentario