25.10.21

 

O SAMAÍN

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo,

a auga caía a chuzos

e os lóstregos a centos.

 

Bule, bule, bule, bule,

bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletos,

sapos, monstros e morcegos.

 

Bailan, bailan as pantasmas,

monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.

                  Grupo Mamá Cabra

 

 

 

 

 

 

 

 

20.10.21

Adiviñas

Adiviñas recollidas do libro de Antón Cortizas titulado "Adiviña esta adiviña", Ed. Galaxia


 

A unha vella moi engurradiña

tapáronlle o cu cunha tranquiña.



Adiviña se tes tempo,

cal é a herba que ven os cegos?                             




Ben cocida,

ben asada,                                              

ben no pote                                                 

fermentada.                               


 

Brúa no alto dos outeiros

e abanea os castiñeiros.                         




Cen e cen fillos ten

e a todos con leite os mantén.               



Moitas damas nun curral,

todas cantan un cantar,                  

todas bailan por igual.                           



Longa longarela,

ten uns dentes

coma unha serra.                       



Cal é a ave que ten la

coma se fose unha ovella,

mais nin bea nin peteira,

nin cousa que se pareza.                         




Toda a miña pasa

entre o verde e o marrón,

e cando chega o outono

son unha festa de cor.                         



16.10.21

Había unha vez

 

Había unha vez…

un susto,

un arrepío,

un medo.

 

Había unha vez…

un lobo,

unha pantasma,

un felo.

 

Había unha vez…

unha noite,

un monstro,

¡un pesadelo!

 

          Ana Mª Fernández: Tres voltas ó planeta

Chega o Samaín


 

 

Era unha vez unha pantasma

pequena, mirrada e feúcha

que por riba tiña asma.

 

Asustar nenos quería                                      

para gañar confianza,

fose noite ou fose día.

 

Esperaba o momento xusto

agochándose no armario

e …zas!, así daba o susto.

 

Pero non había xeito.

Por unha cousa ou por outra

fracasaba no seu intento.

 

Ai, pantasma, pantasmuna!

Todo o mundo se ría

da súa escasa fortuna.

 

Non era que non o intentaba

_ que ela o facía a conciencia_,

só que nunca o lograba.

                                               Rafa Villar: Acuarelas, Ed. Galaxia

 

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas