22.11.07

CHOVENDO A MARES




CANDO CHOVE

NAS MEIXELAS

CORREN PINGAS

POLA TERRA.






CANDO CHOVE
NOS OUTEIROS
BAIXAN RÍOS
ALGAREIROS.



CANDO CHOVE
NOS PENEDOS
APARECEN
CERTOS MEDOS.

CANDO CHOVE
NOS SOLPORES
NACEN MORNOS
OS AMORES.

CANDO CHOVE
NO CANTIL
DORME MAIO
CON ABRIL.


CANDO
CHOVE
CHOVE
CHOVE
AS GAIVOTAS
NON SE MOVEN.


CANDO
CHOVE
CHOVE
CHOVE
ATA OS PEIXES
DIN QUE CHOVE.


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."Chove nos versos".Xerais









2 comentarios:

  1. Felicidades por vuestro sitio web, que acabo de descubrir. Quiero navegar con más tiempo, pero he visto ya muchos poemas hermosos.

    Una sugerencia personal: quizá podríais indicar el origen de las imágenes, al menos, se me ocurre, cuando sea trabajo de ilustradores (a fin de cuentas, son un colectivo que hace trabajos muy hermosos, pero cuenta en general con poco reconocimiento).

    Un abrazo y un saco de ánimos para continuar con vuestra labor,

    Gonzalo

    ResponderEliminar
  2. Gracias polos teus comentarios,somos seguidoras da túa páxina e danos moitos ánimos saber que che agrada o noso traballo.
    Tomamos nota da túa suxerencia, e así o faremos a partir de agora.

    Un saúdo.

    Belén e Isa

    ResponderEliminar

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas