1.11.07







OUTONO DOURADO



VEN VINDO , OUTONO DOURADO,
COA TÚA FRAUTIÑA DE VENTO
E O TEU PANTALÓN MOLLADO.

BRINCA NO MEDIO DOS MONTES
CO ARRECENDO NO PELO
DAS ESPIGAS E DAS FONTES.

CÓLLELLE A DIANTEIRA Ó FRÍO
ACASTAÑANDO NAS CORES
DA BEIRA DO NOSO RÍO.

VEN VINDO OUTONO DOURADO,


COS PETOS CHEOS DE NOCES
E DE OURIZOS REGAÑADOS
.

ANA Mª FERNÁNDEZ. "POLA RÚA DOS VERSOS"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas