Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedir o aguinaldo.
Si nos queren dar o aguinaldo,
non nos fagan agardar,
somos de lonxanas terras,
e temos moito que andar.
co aguinaldo,
parecelle moito,
e vaille quitando.
Cántolle os Reis,
guedellos de cabra,
cántolle os Reis,
e non nos dá nada.
Estas portas son de ferro,
aquí vive un caballero.
Estas portas son de estopa,
Aquí vive un lapasopas.
Recollido polo C. O Bolo en Nadal@galiciadixital.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario