19.10.08

O INVERNO ESTÁ PRETO


A lúa está dormida.
A noite está a chamala.
A lúa está roncando.
A noite está enfadada.

Cobren sabas de prata
o seu leito salgado.
Hoxe xa non esperta;
segue cos ollos pechados.

Dorme a lúa no mar.
Sombras voan no ceo.
Pensa a noite,tristeira:
"O inverno xa está preto".

Antonio García Teijeiro."Lueiro de papel"
Pintura:"Outono".Maruxa Olavide

1 comentario:

  1. Ola! somos as nenas e os nenos do ceip de Aguiño, estamos buscando poemas sobre a lúa, co voso permiso copiamos este. Nos tamén temos un caderno de poemiñas que imos inventando na clase esperamos que vos gusten:
    http://bicosdevento.blogspot.com/

    ResponderEliminar

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas