10.11.13

O ARCO DA VELLA


O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.                           
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella

no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!


                             (Manuel María: Os soños na gaiola)

2 comentarios:

  1. Este poema traballàmolo na aula no mes de setembro. Ilustràronno e rapearon .

    ResponderEliminar

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas