DIXO O GALO:
- EU QUERO UN PAN.
DIXO A GALIÑA:
-VAINO AMASAR.
DIXO O GALO:
-VOU MANCHAR A PLUMA.
DIXO A GALIÑA:
-LÁVAA CON ESCUMA.
DIXO O GALO:
VOU MANCHAR A PATA.
DIXO A GALIÑA:
-MÉTEA NUNHA LATA.
DIXO O GALO:
-¡QUE MANCHO O
PETEIRO!
DIXO A GALIÑA:
-¡MÉTEO NUN PUCHEIRO!
DIXO O GALO:
-NON TEÑO FARIÑA.
DIXO A GALIÑA:
-BÚSCAA NA COCIÑA.
DIXO O GALO:
-VOU CANSO DE ANDAR.
DIXO A GALIÑA:
-CON FAME HAS QUEDAR.
ANA Mª FERNÁNDEZ:
¿QUEN VIVE AQUÍ?, ED GALAXIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario