10.11.08
O RATO E MAILA LÚA
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-NUNCA REPARAS EN MIN;
POR ESO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA,
O RATIÑO ALPORIZADO,
BERROULLLE CON MOITA FORZA:
- XA NON ESTOU NAMORADO!
Antonio García Teijeiro."O libro dos cen poemas".Seleccción de Marisa Núñez e Álvarez Cáccamo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Boas, son Mamá Cabra, tanto me gustou este poema que no meu grupo lle puxemos música, e sabemos que hai nenas e nenos que durmen con ela. Unha maravilla os poema de Antonio... unha sorte ler os seus libros. Bicos
ResponderEliminarHola son Jessica de 6º do colexio CEIP Quintela Moaña. Gustoume moito o poema e moi interesante,
ResponderEliminarmoi divertido e sobretodo moi imaxinativo.
Nos tamén temos un blog de 5º máis de 6º q se chama: Terceiro ciclo en Quintela, e nosa páxina do colexio e: bibliotecadocole.
Espero q podades pasaros, hasta logo moitos bikiños para todos!!!
o poema de por sí é moi bonito,pero coa música de mamacabra é fantástico
ResponderEliminar