15.3.09

O REI TIÑA UNHA FILLA

O rei tiña unha filla
que morría de amor,
e por vela curada,
sen máis declaración,
ó Amor,queiras non queiras,
do reino desterrou.

O Amor, moi xuicioso,
obedecendo a lei,
camiño do desterro
foise co que era seu:
cos bicos e coas rosas...
¡e coa filla do rei!

RAMÓN CABANILLAS"A rosa das cen follas"
Recollido de "Poetízate",de Fran Alonso

2 comentarios:

  1. Dende a "Biblioteca en MAIÚSCULAS para xente minúscula", concédemosvos o premio:
    "Olla que blog Maneiro", que ven sendo algo así como: "Olla que blog tan chuli!.
    Por favor, pasade polo noso blog a recollelo.Esperamos que vos guste moito!

    ResponderEliminar
  2. A nós tamén nos gusta moito o voso blog e por iso vos concedemos o premio maneiro!!!

    ResponderEliminar

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas