Os magos de
Occidente
(non de Oriente)
Non eran tres,
eran catro.
O Mago Lixo
O Mago Frangullas
O Mago Pupas
E Mago Dano.
Os Magos de
Occidente
eran soldados,
percorrían Europa
con carros blindados.
Balas e granadas
(por todos os lados).
Vaia xuventude
que nos tocou!
Déronnos granada, non o froito,
a bomba de man.
Loita en
cataclismo
(Magos de Oriente
para defenderse
facían o mesmo).
O Mago Lixo
Quedou feito un
lixo.
O Mago Frangullas
quedou feito frangullas.
O Mago pupa
quedou feito pupa.
E o Mago Dano
(en cadeira de
rodas un ano).
Cando volveron da
guerra mordaz,
foron a apuntarse
ao Clubde Paz.
GLORIA FUERTES
Ningún comentario:
Publicar un comentario