ERA DUN REI
QUE TIÑA UN PALACIO
CON TRES COROIÑAS
CON TRES PRINCESIÑAS.
COROA BOROA
DOÍALLE A MOA
Á DOCE PRINCESA
DE CARA DE ROSA.
CARA DE MELÓN
MELÓN MELONCIÑO:
-A QUEN SANE A FILLA
DOULLE O MEU REINO.
MILÓN MILITÓN
SANDÍA MOI FRÍA
DEULLE UN CURANDEIRO
PARA A PRINCESIÑA.
A MOA SANOU,
E O CURANDEIRO EN PAGO LEVOU:
UNHA CACHIMORA,
UNHA LAVADORA,
UN DENTE DE OVELLA
E UN TIRÓN DE ORELLAS.
GLORIA SÁNCHEZ."Fafarraios".ED.Xerais
Precioso. Me encantó el final y su toque gracioso.
ResponderEliminarSaludos,
Mariana
Gracias.