16.1.08

NON QUERO SER PRÍNCIPE

NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE QUERO SER RA,
PATIÑAS LIXEIRAS
E LAMA NA MAN.

NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE BRANCO CABALO,
NIN VER Á PRINCESA,
NIN TER UN CRIADO.

NON QUERO SER PRÍNCIPE
QUE ANDE ÁS BATALLAS,
QUE DURMA NA CÁRCERE
DAS ALTAS MURALLAS.

EU QUERO O SILENCIO
DA LAGOA ESCURA,
CROAR CADA NOITE,
SOÑAR COA ESPESURA.

EU QUERO A LENTURA
DA ERBA ESQUECIDA,
O ULIDO DAS FLORES
NUNHA AMAÑECIDA.

NON QUERO SER PRÍNCIPE
DE SEDA TAPADO,
NIN LEVAR ESPADA
NIN USAR CALZADO.

¡DEIXÁDEME LIBRE
QUE QUERO SER RA,
QUE AS AUGAS ME FALEN
DO QUE HAI MÁIS ALÁ!
ANA Mª FERNÁNDEZ.”A casa de había unha vez”.Xerais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas