
A lúa está dormida.
A noite está a chamala.
A lúa está roncando.
A noite está enfadada.
Cobren sabas de prata
o seu leito salgado.
Hoxe xa non esperta;
segue cos ollos pechados.
Dorme a lúa no mar.
Sombras voan no ceo.
Pensa a noite,tristeira:
"O inverno xa está preto".
Antonio García Teijeiro."Lueiro de papel"
Pintura:"Outono".Maruxa Olavide
Ola! somos as nenas e os nenos do ceip de Aguiño, estamos buscando poemas sobre a lúa, co voso permiso copiamos este. Nos tamén temos un caderno de poemiñas que imos inventando na clase esperamos que vos gusten:
ResponderEliminarhttp://bicosdevento.blogspot.com/