Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións

10.11.13

O ARCO DA VELLA


O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.                           
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella

no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!


                             (Manuel María: Os soños na gaiola)

23.7.09

A LÚA

A SEÑORA LÚA
INDA ESTÁ SOLTEIRA

¡A SEÑORA LÚA,
A LÚA LUEIRA!




A LÚA LUEIRA,
A SEÑORA LÚA:
¡TEN GANA DE TROULA
E QUERE IR DE RÚA!

¡E QUERE IR DE RUA,
DE TROULA IR QUERÍA.
QUE SENTE MORRIÑA
E MELANCOLÍA!

A SEÑORA LÚA,
A LÚA RUEIRA,
COMO ANDA DE NOITE,
SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA.

SEMPRE CON TRISTURA
E MELANCOLÍA
QUE ANDA POLA NOITE
E DORME DE DÍA.

Manuel María. "Os soños na gaiola".Merlín Xerais.

15.11.07

CARACOL

CARACOL, COL, COL;CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!

O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!




Manuel María."Os soños na gaiola".Merlín. Xerais

4.11.07

Outono


OUTONO

Chegou o tempo de Outono
Prás castañas varear
¡Chegou o tempo do sono
e a razón de sementar!


MANUEL MARÍA." Os soños na gaiola".Xerais

11.10.07

O SOL


O SOL CHÁMASE LOURENZO

I É UN SEÑOR MOI FINCHADO

QUE ESTÁ NO OUTO DO CEO,

TODO O DÍA RELUMBRANDO.

VAI VESTIDO DE MARELO

LEVA CHALEQUE ENCARNADO.

MOI SEGURO DE SÍ MESMO,

O SEU CALOR NOS VAI DANDO.


O SOL CHÁMASE LOURENZO

I É UN SEÑOR MOI SEÑADADO.

¡SI NON FORA POLO SOL,

ESTARÍA O MUNDO XEADO!


SOIO O SOL MANDA NO CEO,
MOI SOLEMNE, MOI BARBADO.

¡AS SÚAS BARBAS SON OS RAIOS,

CON QUE NOS VAI ALUMANDO!
"OS SOÑOS NA GAIOLA". Manuel María
Edicións Celta
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas