Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións

6.2.14

O meu gato é un poeta


19.3.11

A cidade onde vivo


A cidade onde vivo ten mar.
No inverno é mar bravío;
no verán, agarimoso;
cando quere mimoso e cando non,
maldito,
perigoso,
traidor,
e, se non,
que llo digan ó pescador
que nel anda, coma unha espiña
para traer a porto
pescada e xurelo e sardiña.

Fran Alonso. "Cidades". Xerais
Imaxe:"Berbés". Lugrís

15.3.09

O REI TIÑA UNHA FILLA

O rei tiña unha filla
que morría de amor,
e por vela curada,
sen máis declaración,
ó Amor,queiras non queiras,
do reino desterrou.

O Amor, moi xuicioso,
obedecendo a lei,
camiño do desterro
foise co que era seu:
cos bicos e coas rosas...
¡e coa filla do rei!

RAMÓN CABANILLAS"A rosa das cen follas"
Recollido de "Poetízate",de Fran Alonso

POR AMOR



Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.

Por amor sángranme os pulsos
e abréseme o corazón.
Por amos dóenme os ollos.
Por amor,só por amor.

DARÍO XOHÁN CABANA."Cantigas do setenta.A sede,a auga"
Recolllido en "Poetízate",de Fran Alonso.Ed Xerais
Imaxe "El beso" de Gustav Klimt
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas