
ORELLA PENDELLA
VAI Á LEÑA,
SE NON VÉS DE HORA
DURMIRÁS FORA
COS CANCIÑOS
DA TÚA DONA.
M.BARRIO.E.HARGUINDEY.”Lerias e enredos para os más pequenos”.Galaxia
E, neniño, e, que aí ven o cocón
para buscar o neno que non dorme, non.
E, neniño, e, que che hei dar o té
e mailas papiñas nun cacharolé.
E, neniño, e, zapato no pé
sardiña salgada para noso Xosé
Manuel Rico Verea.”Vente vindo,ven cantando.Cancioneiro escolar galego”