Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións

17.1.22

 

 

 

No arco da vella

das pombas nas ás

nos ollos dos nenos,

no canto das nenas

nacerá da terra

a flor de tres pétalos;

a máis desexada,

a flor máis fermosa.

Cultívaa no teu corazón!


Na luz dunha estrela,

no voo das pombas,

nos ollos das nenas,

no canto dos nenos

medrará no mundo

a flor de tres letras,

que ha borrar as sombras

coa forza do Amor.

Tan só unha palabra.

Que aniñe no teu corazón!


                  Xoán Neira, Farrapos de nube, Baía Edicións

20.1.15

OS MAGOS DE OCCIDENTE


Os magos de Occidente
(non de Oriente)
Non eran tres,
eran catro.

O Mago Lixo
O Mago Frangullas
O Mago Pupas
E Mago Dano.

Os Magos de Occidente
eran soldados,
percorrían  Europa
 con carros blindados.

Balas e granadas (por todos os lados).
Vaia xuventude que nos tocou!
 Déronnos granada, non o froito, 
a bomba de man.

Loita en cataclismo
(Magos de Oriente
 para defenderse
 facían o mesmo).

O Mago Lixo
Quedou feito un lixo.
O Mago Frangullas quedou feito frangullas.
O Mago pupa quedou feito pupa.

E o Mago Dano
(en cadeira de rodas un ano).

Cando volveron da guerra mordaz,
foron a apuntarse ao Clubde Paz.

GLORIA FUERTES

A terra durmida



A terra dormida,
sentiu no seu seo
disparos de chumbo 
disparos de xeo.

Moreas de nenos,

Co seu agarimo,
Fixeron da guerra
Un mar de aloumiños.

E foron as nenas

deitando dozura
as que converteron
o medo en ternura.

A terra, durmida,

non quere espertar.
Está moi ferida
non pode xirar.

Meniñas,meniños

de tódalas cores
cubriron a terra
de beixos e flores.

A terra abre un ollo

e sente calor.
Escoita baixiño 
sonatas de amor.
E xira que xira
coitada ,a modiño,
rapazas,rapaces,
co voso cariño.

Antonio García Teijeiro

"Construir a Paz".Seminario Galego Pola Paz.

22.1.14

O sapiño vexetariano


Nunha charca grande
entre os carrizos
tivo Dona Sapa
un sapo moi lindo.

A súa pel era verde,
mollada e brillante,
os seus ollos redondos
a súa boca moi grande.
Era o máis bonito
de todos os sapos
pero non comía
e estaba delgado.

Mamá pregáballe:
-Come, pequerrechiño
porque se non comes
vas morrer.
Caza algunha mosca
ou algún vermiño...
Queres que che faga
torta de mosquitos?
-Non mamá, non podo
e ti xa o sabes.
Non vou comer
outros animais.
Son todos os bechos
como os meus irmáns.

Serei un sapiño
vexetariano.
E a partir de entonces
só comeu folliñas,
cachiños de xuncos,
pétalos de rosas,
tomates maduros
do invernadoiro,
margaridas brancas
e flor de romeu.

Se atopas un sapo
feliz e contento
que non come bechos
é o do meu conto.

Ana Mª Romero Yebra.
Construír a Paz. Ed  Xerais
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas