Amosando publicacións coa etiqueta Inverno. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inverno. Amosar todas as publicacións

9.5.10

Pacen as vacas

Pacen as vacas

na navarega.

Treme a pequeña

que vai co`elas.

Febreiro chove

febreiro xea

febreiro neva

neve lixeira.
Os Eidos.Uxío Novoneyra. Edicións Xerais.

Imaxe : alema.org/category/portugal/page/3/

Cai a neve,cai,cai


CAI a neve cai cai
Falopiña a falopiña
nin o vento a arremuiña
nin a auga a desfai
…………………………………
Cidro Castro de Brío nevados!
Baixa a neve hastr´os prados.

Os Eidos
. Uxío Novoneyra. Edicións xerais de Galicia.
Foto: Seara - Moncho http://www.panoramio.com/photo/6028868]

19.10.08

O INVERNO ESTÁ PRETO


A lúa está dormida.
A noite está a chamala.
A lúa está roncando.
A noite está enfadada.

Cobren sabas de prata
o seu leito salgado.
Hoxe xa non esperta;
segue cos ollos pechados.

Dorme a lúa no mar.
Sombras voan no ceo.
Pensa a noite,tristeira:
"O inverno xa está preto".

Antonio García Teijeiro."Lueiro de papel"
Pintura:"Outono".Maruxa Olavide

17.12.07

LERIA DE ANINOVO


ANINOVO CON BEN VEÑAS,

COS AÑOS E COAS OVELLAS

E CO SOL ENRIBA DAS TELLAS.

“Xogos infantís”.Montaña encantada.Everest


"Galicia".Arturo Souto Feijoo

16.12.07

CANTO DE NADAL


Os tres camelos dos reis
ó chegaren a Galicia,
como non viron deserto,
morrían os tres de risa.
E, ó veren tanta auga
nos regatos e nas rías,
_¡Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!
Melchor taca unha gaita,
Baltasar un tamboril,
o Gaspar, que non é músico,
alumea cun candil.

(Recollido no Couto de Outeiro, Mondoñedo, por Carlos Gómez) en Nadal@galiciadixital.com

"Navidade".Juanito Laguna.

11.12.07

OS LAGARTOS



OS LAGARTOS VAN MARCHAR
E CHORAN DESCONSOLADOS;
SEN CANCIÓN VERDE XA QUEDAN
AS PEDRIÑAS DOS VALADOS.

¡AI, LAGARTOS,MEUS AMIGOS,
VERDE CANTAR DAS PAREDES,
NO LOMBO E MESMO NOS OLLOS,
COR DE CAMPO E LAMA TEDES.

LAGARTIÑOS, NON MARCHEDES;
MIRADE QUE AHÍ VEN O SOL,
CO SEU FEIXIÑO DE RAIOS
FARAVOS UN COBERTOR.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais
"Man e serpe".Menchu Lamas

6.12.07

ADIVIÑA

MOITAS ESTRELIÑAS
CAÍDAS DO ALTO
E A MIÑA CASIÑA
VESTIDA DE BRANCO.

PACO MARTÍN."¿Que cousa é cousa...?Galaxia

NEVANDO


FOLERPAS DE NEVE
TODAS REBULDEIRAS
CAEN PASENIÑO
NA HORTA,NA EIRA.

FOLERPAS DE NEVE
MOVIDAS DO VENTO
PECHADO NA CAS
NON TEÑO CONTENTO.

O DÍA ESTÁ TRISTE
NON PODO XOGAR
COS MEUS COMPAÑEIEROS
DO VERDE LUGAR.

CÚBRENSE AS HERBIÑAS
DE BRANCA FARIÑA.

SEBASTIÁN PAZ SUÁREZ."Versos para ler na escola".Ed.toxosoutosAlfred Sisley."Nevando"
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas