Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outono. Amosar todas as publicacións

8.11.22

As castañas do magosto

 

AS CASTAÑAS DO MAGOSTO


Fáiseme a boca auga.

Doce castaña,

que rica estás asada.

Pouco a pouco

quitareiche a casca.

Quente renxes entre dentes.

Ai, castaña,

xa noto no meu padal

o teu sabor outonal!

 

                           Santiago Freire, “Martingadas”

14.10.12

Adiviña, adiviñando

SON VERDE E NON SON LIMÓN,
SON MOURA E NON SON CARBÓN;
SON VERMELLA E NON SON SANGUE,
SON BRANCA E NON SON PAPEL:
A VER SE SABES QUE É?


Paco Martín. Que cousa é cousa...? Ed. Galaxia

ADIVIÑA DE OUTONO

NO AIRE SE CRÍA,
NO AIRE SE TEN;
BOTA UNHA RISADA 
E PERDE CANTO TEN.

Paco Martín. Que cousa é cousa...?.Ed. Galaxia.

10.4.10

Poema de outono

Este poema de outono é un traballo da clase de segundo:

Verde...
a folla da primavera verde,
 cómea o verme.
Vermella...
a folla vermella,
fai a súa cama a ovella.
Amarela...
a folla amarela,
a nena xoga con ela.
Marrón...
a folla de outono marrón
é da cor do turrón.
Chove moito, chove moito.
Choven follas, choven castañas,
choven cabazas, paraugas.
Chove moito, chove moito.
Choven gatos, choven cans,
choven árbores e bastóns de gominola.
Chove moito, chove moito.
Choven churros con chocolate quente,
choven pelotas,
choven orellas de galleta e ollos que te miran.
Chove moito, chove moito.
Choven asubíos
e choven historias e contos viaxeiros,
choven nenos e nenas.
Chove moito, chove moito.

19.10.08

O INVERNO ESTÁ PRETO


A lúa está dormida.
A noite está a chamala.
A lúa está roncando.
A noite está enfadada.

Cobren sabas de prata
o seu leito salgado.
Hoxe xa non esperta;
segue cos ollos pechados.

Dorme a lúa no mar.
Sombras voan no ceo.
Pensa a noite,tristeira:
"O inverno xa está preto".

Antonio García Teijeiro."Lueiro de papel"
Pintura:"Outono".Maruxa Olavide

8.10.08

IDA DE OUTONO




POR UN CAMIÑO DE OURO VAN OS MERLOS… ONDE?
POR UN CAMIÑO DE OURO VAN AS ROSAS… ONDE?
POR UN CAMIÑO DE OURO VOU…
ONDE, OUTONO? ONDE PAXAROS E FLORES?


Juan Ramón Jiménez


TAN TAN,QUEN É?



TAN ,TAN. QUEN É...?

TAN, TAN. QUEN É?
O OUTONO OUTRA VEZ.
QUE QUERE O OUTONO?
O FRESCO DA TÚA SEN.
NON CHO QUERO DAR.
EU QUÉROCHO QUITAR.

TAN ,TAN. QUEN É?
O OUTONO OUTRA VEZ.

Canción.García Lorca.

19.11.07

VEN ONDA NÓS O OUTONO



VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

18.11.07

ARCO DA VELLA



ARCO DA VELLA
VAITE DE AÍ

QUE AS NENAS BONITAS
NO SON PARA TI.


FUXE CHUVIA,FUXE SOL,
FUXE RODA DE COLOR

QUE A NENIÑA QUERE BRINCAR
COAS AREAS DO AREAL.

VAITE NÉBOA,VAITE VENTO,
VAITE CARA DE MAL TEMPO
QUE A NENIÑA QUERE
CORRER POLA AREAS DO LER.

¡AI, MIÑA NENIÑA,NENA,
NON SE VAI O ARCO DA VELLA!

XOSÉ MARÍA ALVAREZ BLÁZQUEZ.”Roseira do teu mencer”.Xerais

NÉBOAS

PORTOMARÍN TEN UN ARCO REDONDIÑO PARA QUE XOGUE Ó PASEMISÍ A NÉBOA DO MIÑO. 
O RÍO,Ó SENTILA PASOMISAR, ENTOA BAIXIÑO O MESMO CANTAR.
XOÁN BABARRO."Ten,ten,a,miña casa ten..." .Árbore.Galaxia

PARAUGAS






POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS DO REVÉS
E MOLLOUNA TODIÑA
DA CABEZA ÓS PES.


XOÁN BABARRO"Ten,ten a miña casa ten..."Arbore.Galaxia

11.11.07

AS UVAS


OS ANANOS DO OUTONO
PINTAN AS UVAS.

OS RASPACES ASEXAN
AS MAIS MADURAS.

TAMÉN OS GORRIÓNS
REVOAN ENTRE AS CEPAS
DE DOUS EN DOUS.


PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior.

ADIVIÑA




PUCHEIRIÑO PEQUENIÑO


GARDA RICO MANXARIÑO,


NIN COCIDO,NIN GUISADO,


NIN NO LAR AFERVENTADO


E COMELO HAS DE SABER


SEN GARFO E SEN CULLER.




PACO MARTÍN.¿Que cousaé cousa....?.Galaxia

ADIVIÑA


SON REDONDA COMA O MUNDO

PARA MORRER TODA ME ESGAZAN,

DÉIXANME SÓ O PELEXO

E TODO O ZUME ME SACAN.



PACO MARTÍN.¿Que cousa é cousa..?.Galaxia

ADIVIÑA


ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.


TRADICIONAL

LEVÁNTATE ,NEBRA...


¡LEVÁNTATE ,NEBRA,

DO BICO DA SERRA!

AÍ VEN SAN MARTIÑO

NO SEU CABALIÑO,

QUE TE VAI LEVAR,
QUE TE VAI POUSAR

NA TONA DO MAR!

ANTONIO NORIEGA VARELA.

10.11.07

DONA CHUVIA

¿Queres ver coser?
Escoita chover.

Crávanse as agullas
enfiadas de auga
no pano da terrra,
que é saba mollada.


Baixa dona Chuvia,
cabaleira branca
mendar prados verdes
con fíos de prata.


¿Queres ver coser?
Escoita chover.






HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Don e Dona".Árbore-Galaxia.

O PASPALLÁS E O SOL




DÍXOME O PASPALLÁS


CANDO PASEI O RÍO


QUE NON SAÍA O SOL


POR MOR DE QUE VAI FRÍO.




EU MANDEILLE UN ABRIGO


DE CUNCHIÑAS DO MAR


PARA QUE SE ACOCHASE


E SAÍSE A PASEAR.




E O SOL SAIU TAN FORTE


QUE O PASPALLÁS VOOU


E ENTRE MOITAS FOLLIÑAS


CO MEDO SE AGOCHOU.




ANISIA MIRANDA."Cantarolas".Xerais

DON OUTONO RI


Don carballo chora landras


na amencida.


E don Outono baballa


néboa fría.




Don Labrego, de sombreiro,


aplaude a don Castiñeiro


con variña de abelaira.




E don Ourizo da chaira,


como non se ten coa risa,


cáenlle dentes de castaña.




HELENA VILLAR E XE´SUS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

6.11.07

ADIVIÑA

ADIVIÑA


Para que eu baile póñenme a capa


porque sen capa non podo bailar


e para que eu baile tíranme a capa


porque con capa non podo bailar.



TRADICIONAL
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas