Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións

14.1.22

A buxaina



A buxaina


Baila arredor

da punta do pé,

faino ao dereito

e tamén ao revés.


É de madeira,

está feita de buxo,

xira moi axiña

coma un aturuxo.


Baila ao son da música,

na cabeza un sombreiro

e remata nun botón

coa punta de aceiro.


Este xogo tan fermoso,

da buxaina lixeira,

é un baile rápido,

coma o da muiñeira.


Dá un pequeno brinco,

cando a solta do lazo,

queda virando no chan,

ou baila no meu regazo.


Cando está cansa,

de xirar e xirar,

cae cara a un lado,

e ponse a descansar.

                  Mª Canosa, Vagalume de versos, Galaxia

       

4.11.07

XOGO

- ¿Como te chamas?
- Comecastañas.



- ¿E de apelido ?
- Caldo cocido.


E. HARGUINDEY e outros."Lerias e enredos para os máis pequenos".Galaxia
"Noticias dos homes".Seoane.Óleo
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas