Amosando publicacións coa etiqueta Santiago ¨Freire. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago ¨Freire. Amosar todas as publicacións

3.2.15

Os meses do ano

Xa ven xaneiro, o mes primeiro,
detrás febreiro, o máis pequeneiro,
con marzo a primavera xermola
e en abril a chuvia molla.

Por maio floreceu a xesta,
por xuño san Xoán abraia,
en xullo xa aperta o sol
e en agosto xogamos na praia.

Setembro, como saben as uvas!,
en outubro a folla a caer está,
en novembro san Martiño asoma,
e en decembro volta a empezar.

Santiago Freire."Mantingadas" Edicións Morgante.2010.

6.5.10

A biblioteca escolar


A BIBLIOTECA DA ESCOLA
Por si alguén o dubida
na biblioteca escolar
poden facerse amigos
tan só con abrir ó azar
as follas de calquera libro:
un pirata, unha illa, o mar,
un cofre misterioso
que axiña hai que enterrar,
unha princesa enfeitizada
por unha bruxa malvada,
un ogro cruel que encrespa a pel
ou unha toupa que atopa un anel
máxico que a volve invisible.
Nos libros, que o saibades, todo é posible.

"Martingadas" publicado por Morgante, un selo de Rinoceronte Editorial
é deSantiago Freire
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas