Amosando publicacións coa etiqueta Adiviñas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adiviñas. Amosar todas as publicacións

20.10.21

Adiviñas

Adiviñas recollidas do libro de Antón Cortizas titulado "Adiviña esta adiviña", Ed. Galaxia


 

A unha vella moi engurradiña

tapáronlle o cu cunha tranquiña.



Adiviña se tes tempo,

cal é a herba que ven os cegos?                             




Ben cocida,

ben asada,                                              

ben no pote                                                 

fermentada.                               


 

Brúa no alto dos outeiros

e abanea os castiñeiros.                         




Cen e cen fillos ten

e a todos con leite os mantén.               



Moitas damas nun curral,

todas cantan un cantar,                  

todas bailan por igual.                           



Longa longarela,

ten uns dentes

coma unha serra.                       



Cal é a ave que ten la

coma se fose unha ovella,

mais nin bea nin peteira,

nin cousa que se pareza.                         




Toda a miña pasa

entre o verde e o marrón,

e cando chega o outono

son unha festa de cor.                         



14.10.12

Adiviña, adiviñando

SON VERDE E NON SON LIMÓN,
SON MOURA E NON SON CARBÓN;
SON VERMELLA E NON SON SANGUE,
SON BRANCA E NON SON PAPEL:
A VER SE SABES QUE É?


Paco Martín. Que cousa é cousa...? Ed. Galaxia

ADIVIÑA DE OUTONO

NO AIRE SE CRÍA,
NO AIRE SE TEN;
BOTA UNHA RISADA 
E PERDE CANTO TEN.

Paco Martín. Que cousa é cousa...?.Ed. Galaxia.

29.10.09

o sol

ADIVIÑA REDONDO COMA UN PRATO E TODAS AS MAÑÁS SAE AO MERCADO. Paco Martín."¿que cousa é cousa...?Ed.Galaxia Joan Miró"Sol Vermello".

10.11.08

OUTRA ADIVIÑA

ALTO POMPÍN
REDONDO MOLETE,
QUE CHOVA,
QUE NEVE,
E NON SE DERRETE.

Paco Martín ."Que cousa é cousa...?".Ed.Galaxia.

ADIVIÑA

SEN TRABALLAR TEÑO CUARTOS
SEN MORRER SON NOVA OU VELLA,
SEN COMER CARNE OU CALDO,
MOITAS VECES ESTOU CHEA.

Paco Martín.Que cousa é cousa...? ED.Galaxia

6.12.07

ADIVIÑA

MOITAS ESTRELIÑAS
CAÍDAS DO ALTO
E A MIÑA CASIÑA
VESTIDA DE BRANCO.

PACO MARTÍN."¿Que cousa é cousa...?Galaxia

11.11.07

ADIVIÑA




PUCHEIRIÑO PEQUENIÑO


GARDA RICO MANXARIÑO,


NIN COCIDO,NIN GUISADO,


NIN NO LAR AFERVENTADO


E COMELO HAS DE SABER


SEN GARFO E SEN CULLER.




PACO MARTÍN.¿Que cousaé cousa....?.Galaxia

ADIVIÑA


SON REDONDA COMA O MUNDO

PARA MORRER TODA ME ESGAZAN,

DÉIXANME SÓ O PELEXO

E TODO O ZUME ME SACAN.



PACO MARTÍN.¿Que cousa é cousa..?.Galaxia

ADIVIÑA


ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.


TRADICIONAL

6.11.07

ADIVIÑA

ADIVIÑA


Para que eu baile póñenme a capa


porque sen capa non podo bailar


e para que eu baile tíranme a capa


porque con capa non podo bailar.



TRADICIONAL

4.11.07

Adiviñando

ADIVIÑA

Ave teño de nome

de lá o revestimento

o que non adiviña

non ten discorremento.





TRADICIONAL

1.11.07

ADIVIÑA


Pucheiriño está no campo

co seu sombreiriño branco;

nin é palla,nin oliva,

nin atinas ata que cho diga.

Paco Martín,"Que cousa é cousa...?

29.10.07

ADIVIÑA


REDONDIÑA, MORENIÑA,

UN POUCO APLANADIÑA

PÓDESE COMER CRÚA,

ASADA OU COCIDIÑA
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas