Amosando publicacións coa etiqueta Gloria Sánchez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gloria Sánchez. Amosar todas as publicacións

21.10.11

A escola

A pombiña branca
quería ir á escola.
Mercou catro libros
un lapis e goma.
Gloria Sánchez

23.1.11

Un soldado detrás dun fusil


UN SOLDADO DETRASDUN FUSIL

Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala detrasdoutrabala detrasdoutrabala detrasdou
…..é
unha enorme
parvada.

Gloria Sánchez.

9.11.08

A LUA PERDEU O SONO


A LÚA PERDEU O SONO.
NON O ATOPA POR NINGURES.
MAL SABE A LÚA LUADA
QUE A LÚA CON SONO,
NON É NADA.
NON É NADA.


Gloria Sánchez."Fafarraios"Ed.Xerais

13.1.08

FAFARRACATRO

ERA DUN REI
QUE TIÑA UN PALACIO
CON TRES COROIÑAS
CON TRES PRINCESIÑAS.

COROA BOROA
DOÍALLE A MOA
Á DOCE PRINCESA
DE CARA DE ROSA.

CARA DE MELÓN
MELÓN MELONCIÑO:
-A QUEN SANE A FILLA
DOULLE O MEU REINO.

MILÓN MILITÓN
SANDÍA MOI FRÍA
DEULLE UN CURANDEIRO
PARA A PRINCESIÑA.

A MOA SANOU,
E O CURANDEIRO EN PAGO LEVOU:
UNHA CACHIMORA,
UNHA LAVADORA,
UN DENTE DE OVELLA
E UN TIRÓN DE ORELLAS.

GLORIA SÁNCHEZ."Fafarraios".ED.Xerais
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas