Amosando publicacións coa etiqueta Dora Vázquez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dora Vázquez. Amosar todas as publicacións

11.10.07

A BELA DURMINTE


¡PROBE PRINCESIÑA

CEN ANOS DURMIDA!...



CASTIGOUNA A FADA

QUE FORA ESQUENCIDA.

AO CRAVARSE O FUSO,

QUEDÓUSE DURMIDA...



AS AVES CANTABAN,

PERO ELA DURMÍA...

DURMÍA O CASTELO.

¡DURMÍA...,DURMÍA!



¡QUE BELA PRINCESA,

CEN ANOS DURMIDA!

CHEGARÍA O PRÍNCIPE

E A DESPERTARÍA...



¡E TODO O CASTELO

VOLTARÍA A VIDA!





"CAMPO E MAR ABERTO" Dora Vázquez
Edicións Celta
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas