Amosando publicacións coa etiqueta Os alimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os alimentos. Amosar todas as publicacións

11.11.07

ADIVIÑA




PUCHEIRIÑO PEQUENIÑO


GARDA RICO MANXARIÑO,


NIN COCIDO,NIN GUISADO,


NIN NO LAR AFERVENTADO


E COMELO HAS DE SABER


SEN GARFO E SEN CULLER.




PACO MARTÍN.¿Que cousaé cousa....?.Galaxia

4.11.07

Adiviñando

ADIVIÑA

Ave teño de nome

de lá o revestimento

o que non adiviña

non ten discorremento.





TRADICIONAL

1.11.07

ADIVIÑA


Pucheiriño está no campo

co seu sombreiriño branco;

nin é palla,nin oliva,

nin atinas ata que cho diga.

Paco Martín,"Que cousa é cousa...?

29.10.07

ADIVIÑA


REDONDIÑA, MORENIÑA,

UN POUCO APLANADIÑA

PÓDESE COMER CRÚA,

ASADA OU COCIDIÑA

A CASTAÑA

A CASTAÑA NO OURIZO

EU BEN SEI O QUE FAI:



CANDO ESTÁ VERDE ,  MADURA.

CANDO ESTÁ MADURA,,  CAE.
As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas