QUIXERA SER UNHA NUBE:
SUBIR, SUBIR E SUBIR;
CANDO HAXA FESTA NO CEO,
VESTIDO BRANCO LUCIR.
SUBIR, SUBIR E SUBIR;
CANDO HAXA FESTA NO CEO,
VESTIDO BRANCO LUCIR.
QUIXERA SER PAXARIÑO
PARA APRENDER A VOAR
E NO CABALO DO VENTO
TODO O CEO PASEAR.
QUIXERA SER TRIGO VERDE,
ESPIGUIÑA DO TRIGAL,
OS PÉS AGARRANDO A TERRA
E CO MEU CORPO BAILAR.
QUIXERA SER PRIMAVERA,
TRAER FOLLAS E VERDOR,
PINTAR NOS PRADOS AS FLORES,
CANTAR COMA O REISEÑOR.
ANA Mª FERNÁNDEZ: TRES VOLTAS AO PLANETA, ED. EVEREST
Ningún comentario:
Publicar un comentario