30.4.20

HEICHE CONTAR


HEICHE CONTAR UN CONTO MOI LINDO
QUE NON TEN FINAL, TAMPOUCO PRINCIPIO.

HEICHE CONTAR UN CONTO DE RISA:
ESTA ERA UNHA VEZ UN REI SEN CAMISA.

HEICHE CONTAR UN CONTO DE MEDO:
O DUNHA CAVEIRA QUE NON TIÑA PELO.

HEICHE CONTAR UN CONTO DE VERAS:
POR MOITO QUE PENSO NON SEI CÓMO ERA.

HEICHE CONTAR O CONTO DA BESTA,
QUE MESMO REMATA ASÍ COMO EMPEZA.

HEICHE CONTAR O CONTO DOS MARES,
¡CARAINAS, NON DIGAS QUE TI NON O SABES!

HEICHE CONTAR UN CONTO MOI GORDO,
AGORA NON PODO PORQUE NON ME ACORDO.

HEICHE CONTAR UN CONTO SEN PRÉSAS
QUE NUNCA SE ACABA NIN NUNCA COMEZA

HEICHE CONTAR, ¿QUE CHE CONTAREI?
UN CONTO MOI LINDO QUE AÍNDA NON SEI.

ANTÓN CORTIZAS.
 CONTOS DE VENTO E DE NUNCA ACABAR.
 Ed.  Galaxia Árbore.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas